';
side-area-logo
QUAINTS

TÉCNICAS FOTOGRÁFICAS

As mellores técnicas para aproveitar a túa viaxe

CAPTURAR a LUZ
Comprendendo a Luz e a forma de capturala, moldeala e facela nosa.
COMPOSICIÓN
O arte de colocar espazos e obxetos no encuadre
FOTOGRAFÍA con MÓBILES
A cámara que sempre vai contigo
TEMÁTICAS
As especialidades: paisaxe, retrato, nocturna, fauna, flora, macro…
CAPTURAR a LUZ

Iníciate na técnica da captura fotográfica

delimiter image

A fotografía (do grego φωτός, ‘luz’; γράφος, ‘escritor’) é a arte e a técnica de obter imaxes duradeiras pola acción da luz sobre unha superficie fotosensible.

Pero, cómo se captura a luz? cáles son os instrumentos que se utilizan para elo? e cómo podemos transformar a luz para darlle a forma que imaxinamos?

A luz viaxa ante os nosos ollos, refléxase nos obxetos cos que se encontra, poñendo en evidencia as súas características principais, a súa cor, súa textura, seu brillo o a súa posición. Esa luz emitida e reflexada podemos capturala coa nosa cámara fotográfica, facéndoa pasar por unha lente que a concentre sobre un sensor dixital onde é procesada e almacenada.

Existen dúas partes ben diferenciadas nunha cámara fotográfica. Por un lado temos o bloque óptico ou obxectivo fotográfico, este está formado por un conxunto de lentes que permiten a concentración da luz, e seu paso a través dunha porta circular chamada Diafragma, que en moitos casos poderemos abrir ou cerrar a voluntade para deixar pasar máis ou menos luz. 

Este peche ou apertura de Diafragma se regula a través dos números F, que confieren a cada obxectivo a propiedade da luminosidade, que será maior canto menor sexa o valor da súa F, e que cerraran o paso de luz canto maior sexa seu valor.

Así temos diafragmas desde F1 de máxima apertura no paso de luz, que irá pechándose nunha progresión equilibrada e proporcional á cantidade de luz de F1.4; F2; F2.8; F4; F5.6; F8; F11; F16 e F22.

Estos Diafragmas, ademáis de regular a luz de entrada hacia o noso sensor, teñen unha acción no que se chama profundidade de campo, ou cantidade de espazo enfocado en profundidade captado na nosa imaxe. Canto máis pequeno é seu valor F1, e máis luz consegue entrar a través do obxectivo, menor será a nosa profundidade de campo, e os fondos da nosa imaxe estarán máis difusos. Ao contrario, canto máis grande é o seu valor F22, menor será o paso de luz e a profundidade de campo será maior, co primeiro plano e fondos nítidos.

Unha vez que a luz atravesa a lente se encontrará cunha segunda parte da nosa ferramenta, a cámara fotográfica propiamente dita. O principal sistema que imos a tener nela é o chamado Obturador, un mecanismo ou sistema que regula a cantidade de luz que captura o noso sensor a través do tempo.

O tempo de obturación pode regularse desde velocidades tan rápidas como unha fracción de segundo de 1/8000s, ou lentos contando segundos, 1, 5, 10, 30 segundos etc. Como os imaxinaredes, unha velocidade rápida, fraccións de segundo, captará a luz de forma inmediata, conseguindo conxelar o movemiento, mentres que unha velocidade de obturación lenta, a captará de forma paulatina, pouco a pouco, conseguindo o que chamamos capturas de traxectorias ou movementos de luz.

Esta velocidade de obturación, xunto ao diafragma son os principais protagonistas da captura fotográfica, a combinación de ambos fai posible unha captura de luz correcta á vez que podemos conseguir elexir entre diferentes opcións de nitidez no campo de visión, e chegar a conxelar ou transmitir un movemento na nosa imaxe.

Pero existe un tercer compoñente importante que regula este equilibrio, e é a sensibilidade. regulable, do noso sensor á hora de captar luz. Se coñece como ISO, e pode moverse desde valores pouco sensibles, ISO 200 ata moi sensibles ISO 3200 ou incluso máis.

Canto máis sensible configuramos o noso sensor, é como si necesitásemos menos luz para capturar a imaxe. Pero esta sensibilidade ten un inconveniente, e é que a maior sensibilidade, a calidade de imaxe, nitidez, rango dinámico e incluso cor, se resinte.

Así con estos 3 parámetros faremos fronte a calquera fotografía, que solo dependerá das cualidades en luminosidade da nosa óptica, a capacidade de elexir velocidades de obturación ou de traballar con sensibilidades ampliadas.

Para combinalos o primeiro que hai que ter claro é a cantidade de luz que hai na nosa escena. Cada momento que queiramos fotografiar ten unha cantidade concreta, moita nun día soleado a media mañá, menos nun día nubrado e moi pouca nunha escena nocturna.

Na seguinte gráfica podemos ver como se regula a captura entre diafragma e obturación en diferentes escenas con distintas cantidades de luz.

Para medir a cantidade de luz que existe nunha escena, as cámaras dispoñen dun sistema chamado fotómetro, que en moitos casos se ha convertido nunha medición directa da luz sobre o sensor. Este sistema pode ser configurable para medir esa luz nun só punto, por zonas ou un promedio de todo o noso encuadre.

A partir de esa medición, poderemos elexir a combinación de diafragma, velocidade de obturación e sensibilidade ISO que queiramos para a toma da fotografía. Para levar a cabo esta elección tamén nos podemos ver axudados polos Modos Auto, P, A, S e M dos diais principais de moitas cámaras.

O Modo Auto é un sistema automático, ademáis de outras opcións extra que tamén decide.

O Modo P é un sistema semiautomático no que a cámara decide o Diafragma e a Velocidade de obturación. Nos poderemos configurar a sensibilidade así como outros parámetros extra.

O Modo A tamén chamado Av ou prioridade á apertura, permítenos elixir o Diafragma que queiramos, e a cámara nos dirá a qué velocidade de obturación debemos disparar para que a fotografía teña a cantidade de luz correcta.

O Modo S tamén chamado Tv ou prioridade á Velocidade, permítenos elixir a velocidade que queiramos, e a cámara nos dirá a qué diafragma debemos disparar para que a fotografía teña a cantidade de luz correcta.

No Modo M ou modo Manual, nos elexiremos tanto Diafragma, velocidade de obturación e sensibilidade, con todas as opcións creativas sen límite ao noso alcance.

En todos estos modos existe a posibilidade de Compensar a exposición, é dicir, equilibrala +/- para deixar que a nosa fotografía reciba máis ou menos luz. 

Así funciona a captura da Luz a través de calquera cámara fotográfica, xa sexa de Móbil, compacta ou cámaras de obxectivos intercambiables, algunhas máis configurables ca outras, o que lles da maior potencial de configuración, o que permite un maior control creativo da foto final que queiramos conseguir.

Existen ademáis outras características imprescindibles en calquera cámara, como son a medición do balance de brancos e o sistema de enfoque.

O Balance de Brancos (WB: White Balance) é o sistema de referencia de corrección de cor para compensar as diferentes condicións de luz. Cada tipo de Luz ten unha temperatura medida en º Kelvin entre as que podemos encontrar luces cálidas ou luces frías.

As cámaras fotográficas deben encontrar o punto branco de cada temperatura de luz, para correxir o resto de cores desde esa referencia. Así, un mesmo cor saldrá reflexado na nosa imaxe da mesma maneira tanto se a fotografiamos dentro dunha habitación con bombillas de tugsteno (luz cálida amarela) ou con luz natural pola mañá (luz máis fría) se configuramos a nosa cámara cunha referencia equilibrada da temperatura da luz que a está iluminando.

O enfoque é un sistema encargado de desplazar as lentes do obxectivo para lograr unha imaxe definida do suxeito, en función da distancia á que se encontra. 

Existen diversas configuracións de enfoque que se engloban en Manual, Automático simple e Automático contínuo.

De forma independente temos os puntos de enfoque, que non é máis que o sistema para elexir o lugar ou a zona onde imos a facer traballar o enfoque.

Este enfoque na maioría de casos funciona por contraste polo que en situacións de pouca luz, ou motivos de baixo contraste soe faiar e teremos que optar por sistemas manuais ou sistemas de axuda ao enfoque.

Estas son as claves para o manexo dunha cámara fotográfica, que según o modelo e a súa complexidade pode levar consigo moitas más opcións de configuración de outros tantos múltiples parámetros, como sistemas de estabilización, sistemas de disparo en ráfaga, configuración de calidad de imaxe, sistemas de alta resolución, apilamentos, filtros ND integrados… etc.

Debes recordar que a Fotografía é unha arte, e como tal necesita tempo de aprendizaxe, o igual que se queremos aprender a cociñar, debemos coñecer os ingredientes, verduras, pescados, carnes, especias, as súas combinacións e mezclas… pero tamén as ferramientas, tarteiras, tixolas, coitelos, fornos, todo tipo de utensilios… así como a técnica, as receitas, cos seus tempos, súas cantidades… súa presentación, empratado. Tamén hai que incluir as ganas de ver, probar, traballar, repetir, tirar e comenzar de novo aplicando o aprendido. Así é como moitas disciplinas, e entre elas a fotografía, se convertirá nunha paixón.

PATROCINADORES

Contáctanos para ser patrocinador de Quaints

Banner 2

Los mejores lugares para fotografiar tu viaje.