';
side-area-logo

GUÍA FOTOGRÁFICA do CAMIÑO de SANTIAGO

O inicio dunha gran aventura xacobea

delimiter image

A planificación dunha viaxe é sempre un momento especial, cheo de ilusión, de descubrimento, pero tamén de traballo, onde un debe tomar decisións importantes según o que teña intención de facer durante o mesmo.

E no caso do Camiño de Santiago conleva unha planificación moi precisa de esas necesidades fundamentais, casi vitais para levalo a éxito, aquelo co que cargaremos a nosa espalda durante 20-30 kilómetros, día tras día;  e polo contrario o prescindible, o incómodo, o lastre que repercutirá no noso benestar físico e psicolóxico.

Se nos ceñimos ó que respecta o tema fotográfico, a elección do equipo acarrearanos un sinfín de conflictos entre o útil e o desdeñable, lixeiro ou pesado, usable ou desechable. Unha decisión importante para a que os axudaremos un pouco.

A primeira opción é a dun terminal móbil con cámara integrada de última xeración, aptas para capturar casi calquer imaxe dunha forma máis que correcta. A súa accesibilidade, inmediatez, portabilidade e lixereza,  fan del a elección idónea para este viaxe fotográfico que imos a emprender, ainda que tamén implican inconvenientes notables.

O Xiaomi Mi Note 10, iPhone 11, Huawei P30, o Samsung S10, traen consigo cámaras fotográficas e de video con capacidades impensables fai tan só uns anos, ….pero temos dous handicaps importantes, por un lado a batería, que enseguida se verá mermada o ser utilizada non só pola captura de fotos, senón pola multiferramenta que temos nun só dispositivo: comunicación telefónica, centro de mensaxería, mapa, consultoría, redes sociais, axenda de notas, etc. E por outra parte o almacenaxe físico e seguro, que estará limitado para o numero importante de imaxes que imos tomar.

Pero se queres que a túa xestión fotográfica sexa un pouco máis productiva, e tes o coñecemento suficiente para elo, a elección final é a de unha cámara con obxetivos intercambiables. Hoxe en día hai fantásticas opcións para que a diferencia coas virtudes dos móbiles, fagan que mereza a pena levarse unha de estas e gozar do viaxe fotográfico de outra maneira.

En canto as cámaras de obxetivos intercambiables existen multitude de opcions válidas. Pola nosa experiencia hemos visto como os sistemas mirrorless van gañando a batalla as réflex, e según os sistemas, os formatos máis axustados consiguen unha relación calidad/peso fantástica para o noso cometido. Así, marcas como Olympus, Panasonic, Fuji, Nikon, ou Canon teñen opcións interesantes coas cales teremos un beneficio en canto a versatilidade, con alimentación por baterías independentes, almacenaxe de imaxes maior e más seguro, conectividade e unha calidade excepcional en moitas temáticas que encontraremos o noso paso no Camiño.

Tamén existe unha alternativa intermedia que aínda podemos encontrar no mercado, as cámaras compactas, especialmente interesantes os productos resistentes á intemperie, que poseen un equilibrio entre calidade, lixereza e durabilidade.

Unha vez elexido o equipo o seguinte paso é coñecer as posibilidades fotográficas que nos ofrecerá a viaxe. O camiño de Santiago é un recorrido histórico e espiritual que combina a relación do home cos demáis e coa natureza, por elo é máis que unha viaxe o uso, é unha experiencia en sí mesma.

Véndoo desde esta perspectiva nos encontraremos con lugares e experiencias únicas a retratar, onde están escondidas dende pequenos detalles ata grandes historias, pero para as que hai que estar alerta. Así podemos adiantarnos e coñecer de antemán esos espazos a partir da nosa Guía, pero será moitas veces o azar, a casualidade, a sorte, as que nos brinden momentos irrepetibles de luz e maxia durante o noso Camiño.

Nesta Guía os adiantaremos estos lugares, con detalles do que os poderedes encontrar neles, incluso as posibilidades de luz ou a recomendación de temáticas precisas. Só empápate de esa información e mantente vixiante, deixa que a túa visión encontre esa faz de luz máxica e lévate a casa o mellor das imaxes para o mellor dos recordos dun viaxe único.

EQUIPOS RECOMENDADOS

Apaixonados pola tecnoloxía

delimiter image

A cámara fotográfica perfecta non existe, hainas con mellores características para algunhas disciplinas que outras, ou máis duradeiras e fiables, o unhas con mellor comportamento do enfoque, do estabilizador, das configuracións… ó final a mellor cámara é aquela que mellor coñecemos,  aquela á que podemos sacar máis partido nas situacións máis dispares, a máis versátil para realizar todos os tipos de fotografías que queiramos facer.

Image
MÓBIL
Teléfono
A primera opción a hora de elexir cámara é a dun terminal móbil con sistema integrado de ultima xeración, apto para capturar casi calquer imaxe dunha forma correcta.
Image
COMPACTA
Cámara
Unha opción interesante para conseguir independizar o noso sistema de captura coa cámara de fotos do móbil é a elección dun modelo de cámara compacta.
Image
EVIL-DSLR
Cámara
Se queres que unha experiencia fotográfica da túa viaxe sexa productiva, e tes o coñecemento suficiente para elo, a elección apropiada é a dunha cámara con obxectivos intercambiables.
PATROCINADORES

Contáctanos para ser patrocinador de Quaints

COMPARTE A TÚA VIAXE

Estas son as nosas redes sociais

Se desexas compartir a túa experiencia e mostrar as túas fotografías, só tes que publicar en redes sociais cos seguintes hashtag:

#Quaints   #QuaintsXacobeo   

Seleccionaremos periódicamente aquelas Experiencias e Fotografías que mellor transmitan A Luz dos nosos Quaints para aparecer nas nosas publicacións.

Banner 1
Banner 2

Los mejores lugares para fotografiar tu viaje.