A planificación dunha viaxe é sempre un momento especial, cheo de ilusión, de descubrimento, pero tamén de traballo, onde un debe tomar decisións importantes según o que teña intención de facer durante o mesmo.
E no caso do Camiño de Santiago conleva unha planificación moi precisa de esas necesidades fundamentais, casi vitais para levalo a éxito, aquelo co que cargaremos a nosa espalda durante 20-30 kilómetros, día tras día; e polo contrario o prescindible, o incómodo, o lastre que repercutirá no noso benestar físico e psicolóxico.
Se nos ceñimos ó que respecta o tema fotográfico, a elección do equipo acarrearanos un sinfín de conflictos entre o útil e o desdeñable, lixeiro ou pesado, usable ou desechable. Unha decisión importante para a que os axudaremos un pouco.
A primeira opción é a dun terminal móbil con cámara integrada de última xeración, aptas para capturar casi calquer imaxe dunha forma máis que correcta. A súa accesibilidade, inmediatez, portabilidade e lixereza, fan del a elección idónea para este viaxe fotográfico que imos a emprender, ainda que tamén implican inconvenientes notables.
O Xiaomi Mi Note 10, iPhone 11, Huawei P30, o Samsung S10, traen consigo cámaras fotográficas e de video con capacidades impensables fai tan só uns anos, ….pero temos dous handicaps importantes, por un lado a batería, que enseguida se verá mermada o ser utilizada non só pola captura de fotos, senón pola multiferramenta que temos nun só dispositivo: comunicación telefónica, centro de mensaxería, mapa, consultoría, redes sociais, axenda de notas, etc. E por outra parte o almacenaxe físico e seguro, que estará limitado para o numero importante de imaxes que imos tomar.
Pero se queres que a túa xestión fotográfica sexa un pouco máis productiva, e tes o coñecemento suficiente para elo, a elección final é a de unha cámara con obxetivos intercambiables. Hoxe en día hai fantásticas opcións para que a diferencia coas virtudes dos móbiles, fagan que mereza a pena levarse unha de estas e gozar do viaxe fotográfico de outra maneira.
En canto as cámaras de obxetivos intercambiables existen multitude de opcions válidas. Pola nosa experiencia hemos visto como os sistemas mirrorless van gañando a batalla as réflex, e según os sistemas, os formatos máis axustados consiguen unha relación calidad/peso fantástica para o noso cometido. Así, marcas como Olympus, Panasonic, Fuji, Nikon, ou Canon teñen opcións interesantes coas cales teremos un beneficio en canto a versatilidade, con alimentación por baterías independentes, almacenaxe de imaxes maior e más seguro, conectividade e unha calidade excepcional en moitas temáticas que encontraremos o noso paso no Camiño.
Tamén existe unha alternativa intermedia que aínda podemos encontrar no mercado, as cámaras compactas, especialmente interesantes os productos resistentes á intemperie, que poseen un equilibrio entre calidade, lixereza e durabilidade.
Unha vez elexido o equipo o seguinte paso é coñecer as posibilidades fotográficas que nos ofrecerá a viaxe. O camiño de Santiago é un recorrido histórico e espiritual que combina a relación do home cos demáis e coa natureza, por elo é máis que unha viaxe o uso, é unha experiencia en sí mesma.
Véndoo desde esta perspectiva nos encontraremos con lugares e experiencias únicas a retratar, onde están escondidas dende pequenos detalles ata grandes historias, pero para as que hai que estar alerta. Así podemos adiantarnos e coñecer de antemán esos espazos a partir da nosa Guía, pero será moitas veces o azar, a casualidade, a sorte, as que nos brinden momentos irrepetibles de luz e maxia durante o noso Camiño.
Nesta Guía os adiantaremos estos lugares, con detalles do que os poderedes encontrar neles, incluso as posibilidades de luz ou a recomendación de temáticas precisas. Só empápate de esa información e mantente vixiante, deixa que a túa visión encontre esa faz de luz máxica e lévate a casa o mellor das imaxes para o mellor dos recordos dun viaxe único.