';
side-area-logo
QUAINTS

TÉCNICAS FOTOGRÁFICAS

As mellores técnicas para aproveitar a túa viaxe

FOTOGRAFÍA con MÓBILES
A cámara que sempre vai contigo
CAPTURAR a LUZ
Comprendendo a luz e a forma de capturala
COMPOSICIÓN
O arte de colocar espazos e obxetos no encuadre
TEMÁTICAS
As especialidades: paisaxe, retrato, nocturna, fauna, flora, macro…
FOTOGRAFÍA CON MÓBILES

A cámara que sempre vai contigo

delimiter image

A mellor cámara é la que levas sempre contigo, e aínda que teña importantes inconvenientes, podes sacarlle moito partido a cámara do teu móbil para gardar instantes, recordos de todos aqueles lugares onde verás a luz dunha forma única.

La cámara do Móbil é apta para capturar casi calquera imaxe dunha forma máis que correcta. A súa accesibilidade, inmediatez, portabilidade e lixereza,  fan del a elección idónea para esta viaxe fotográfica que imos a emprender, aínda que tamén conlevan inconvenientes notables.

Os últimos modelos de móbiles do mercado traen consigo cámaras fotográficas e de video con capacidades impensables fai tan só uns anos, ….pero temos dous inconvenientes importantes, por un lado a batería, que enseguida se verá mermada ao ser utilizada non solo pola captura de fotos, senón pola multiferramienta que temos nun só dispositivo: comunicación telefónica, centro de mensaxería, mapa, consultoría, redes sociais, axenda de notas, etc. E por outra parte o almacenaxe físico e seguro, que estará limitado polo número importante de imaxes que podemos tomar.

Aínda así é un dispositivo moi versátil que debemos aprender a manexar para sacar proveito das posibilidades que te darán as súas ventaxas.

Unha serie de consellos a ter en conta antes de empezar son os siguintes:

Mantén a óptica da cámara limpa, quizás é un consello obvio, pero debido a que o móbil sempre está nas nosas mans, e o apoiamos sobre calquer superficie, é importante pasarlle unha gamuza ou un paño antes de facer unha fotografía.

Suxeita ben o móbil, e non só para que non se caiga, a maioría das fotografías necesitan que o teu móbil esté o máis estable posible mentres as fas. Un pequeno trípode pode tamén ser útil nas situacións con menos luz.

Recomendacións técnicas:

 Intenta non utilizar o flash do teu móbil, xa que esta luz é pouco potente e demasiado dura, co que non te va a dar bos resultados, a non ser que te encontres casi a oscuras.

 No posible non utilices o zoom dixital, xa que esto repercutirá na calidade da imaxe, creando unha imaxe sen nitidez, borrosa, sen calidade.

A partir de aquí empeza a crear a túa foto seguindo as seguintes recomendacións:

1.- A Luz é o máis importante nas fotografías, e o primeiro que hai que coidar, por iso acórdate que o teu movil rinde mellor canta máis luz haxa no encuadre. Se podes, evita zonas de moito contraste entre luces e sombras. En caso necesario prioriza a fotografía ás luces máis fortes.

2.- Saber como funciona a aplicación da cámara do teu movil te axudará a crear mellores fotografías. Aprende cómo funciona e qué posibilidades tes para poder exprimir todo o seu potencial. Intenta traballar coas opcións manuais e crear coa luz ao teu gusto, manexando diafragmas, velocidades de obturación, sensibilidades e todos os parámetros que poidas.

3.- Encadra a túa fotografía desde o principio, pensa primeiro, logo acércate, aléxate, sube, baixa…busca o teu mellor encuadre. Para elo recorda que a profundidade de campo do teu móbil é moi amplia e se verá todo enfocado, polo que os teus fondos serán nítidos, así que coida o fondo das túas fotografías. Tamén podes activar a cuadrícula e seguir as nosas técnicas de composición.

4.- Canto mellor sexa a foto orixinal que captes coa túa cámara, máis facilidades terás a hora de editala. A través dos programas de edición poderás mellorar a túa imaxe primeiro a través de pequenos axustes de saturación, contraste, luces e sombras, e a partir de ahí deixarse levar pola infinidade de opcións que nos permiten as APP de edición disponibles.

APLICACIÓNS MÓBILES

para Fotografía

delimiter image

Un mapa, a previsión meteorolóxica ou un contador de pasos, son aplicacións que damos por supostas en calquera viaxe, pero, sabes cáles son as máis útiles para sacar partido as túas fotografías?  Aquí os recomendamos algunhas aplicacións móbiles que cremos interesantes para complementar esta disciplina desde os vosos dispositivos.

APP de planificación

Photopills (IOS y Android): Quizás a mellor APP para planificar saídas fotográficas. Ofrece información para calcular a posición do sol e a luna en cada momento con simulación RA en calquera fecha, simulador de rastro de estrelas, miles de puntos de interés, cálculos de exposición, hiperfocal, realidade aumentada da profundidade de campo e un sinfín de opcións personalizables e que se actualizan de forma constante.

The Photographer’s Ephemeris (IOS y Android): Orientada a fotógrafos de exteriores,  sobre todo paisaxe e natureza. Ofrece información de horarios de salida e posta do sol e seu percorrido, luna, posición de estrelas, mapas topográficos, ángulos de elevación, previsións de color de amencer e atardecer e multitude de opcións máis.

APP para Disparar:

Camera ZOOM FX Premium (IOS y Android): Unha fantástica aplicación con infinidade de opcións para a fotografía móvil máis esixente. Captura en RAW, control de parámetros como a ISO, histograma en vivo, velocidade de obturación, HDR, disparos en ráfaga, diferentes opcións de flash, modos de escena e moito máis.

Pro Camera (IOS): É unha aplicación exclusiva para IOS que ten multitude de opcións de traballo. Raw, compensación da exposición, curvas, diferentes modos de disparo, graba en vídeo HD e 4K, sistema antivibración e todos os controis manuais clásicos.

Bacon Camera (Android): Aplicación para sistema operativo Android. Destaca polos seus controis manuais, Raw, balance de brancos, exposición, ISO, velocidade, sistema panorámico, etc.

APP para editar:

Snapseed (Android e IOS): Quizás unha das mellores APP de edición que exista. Permite axustes de brillo, balance de brancos, detalle, sombras, luces, contraste, etc. E ademáis añadir textos, dobres exposicións, filtros, desenfoques, perspectivas, pinceis, HDR, etc.

 Photoshop y Lightroom (Android e IOS): As App de Adobe para móbil son moi completas e intuitivas, permiten traballar RAW, edición con curvas, modificar balances de brancos, contrastes, exposición, perspectivas, aplicar filtros e moito máis.

Pixlr (Android e IOS): Outra aplicación recomendable con multitude de opcións creativas: dobres exposicións, correccións selectivas, filtros, debuxos, collages, equilibrio de cor, texto, etc.

PATROCINADORES

Contáctanos para ser patrocinador de Quaints

Espacio reservado para publicidad

Los mejores lugares para fotografiar tu viaje.