A técnica fotográfica ten varias partes ben diferenciadas, e unha de elas é a Composición, o arte de colocar os espazos e obxetos dentro do noso encuadre para darlles un significado, unha acción ou unha sensación. A composición, como un todo, quizás levaría horas para desenvolvela, pero aquí os daremos algunhas pautas e consellos a través de distintas reglas ou accións, para que desenvolvades a vosa creatividade e a vosa visión nesta técnica tan necesaria para evolucionar en fotografía.
Define o teu centro de interés
Cál é o protagonista da miña imaxe? unha paisaxe?, unha persoa?, un edificio?, un detalle? Sexa cal sexa, o primeiro paso é saber cal é o centro de interés da túa imaxe e non perdelo nunca de vista xa que é, a partir del, desde onde vas a tomar todas as decisións para estructurar a túa imaxe.
Punto de vista
Disparar a media altura, desde o solo ou desde arriba, cambiando o ángulo de disparo añadirá interés a imaxe e cambiará a forma na que percibimos a nosa imaxe.
A regla dos tercios
Divide o campo da túa fotografía en tres partes horizontais e tres partes verticais, coas cales terás nove seccións. O obxetivo de esta técnica é evitar a toda costa situar o máis importante da nosa foto no centro do área; usualmente as composicións máis atractivas se logran extendendo esos elementos relevantes ao largo de dous ou máis seccións, ou situándoos onde os puntos se cruzan.
Punto medio e simetría
En outras condicións, sen embargo, é posible aproveitar o centro do teu campo visual. Cando encontras unha construcción, unha paisaxe e quizás incluso un rostro que en sí mesmos sexan simétricos, utilízaos ao teu favor! E aínda que soe un tanto contradictorio, tamén é posible xogar coas posibilidades da simetría.
O quid está nos detalles
Nunca perdas de vista os detalles. Unha forma sinxela de dar profundidade –óptica e emotiva– as túas imaxes é tomar un detalle en primer plano, pero, curiosamente, para destacar aínda máis o fondo. Este contraste de perspectivas xera un interesante efecto dramático.
Enmarca dentro do marco
Este é un interesante xogo óptico que podes poñer en práctica sempre que teñas oportunidade. O marco dunha porta, unha ponte, as ramas dunha árbore e quizás incluso os brazos dunha persoa: eso e outras cosas poden funcionar como o marco dunha imaxe que de por sí xa está enmarcada (seccionada) pola túa cámara. Esta técnica otorga profundidade as túas fotografías e tamén certa estética peculiar (en función do marco elexido).
Líneas guía
Esta é unha técnica pictórica que tamén pode aplicarse en fotografía. As veces, o que vemos ten xa certas líneas que conducen a nosa mirada, que funcionan como unha especie de “carrís” que guían o que vemos. Con un pouco de pericia podes reflexalas nas túas imaxes e obter fotografías que destaquen pola súa composición simétrica ou pola capacidade para aproveitar as condicións do entorno.
Diagonais e triángulos
As líneas diagonais e os triángulos dan “tensión dinámica” a unha imaxe. Esta é unha lección que ensinaron ben os grandes pintores do Renacemento, quenes ao experimentar co punto de fuga, abriron un basto mundo de posibilidades para a perspectiva e a ilusión do movemento. Esta é tamén unha das técnicas menos sinxelas de lograr, pero con práctica e experimentación seguramente chegarás a dominala. Un consello? Mantén a túa mirada atenta aos triángulos que se forman “naturalmente” no teu campo visual. Todo é cuestión de perspectiva.
Patróns e texturas
Estos dous son elementos que podes incorporar as túas imaxes para darlles un toque especial. O noso cerebro encontra unha satisfación especial nos patróns, así que ahí xa tes un bo argumento a favor para aproveitalos e, por outro lado, un motivo para darte conta de que estamos rodeados deles. As baldosas nun piso, a forma de certas flores, a textura dunha alfombra, as nubes, un costal de grans. Todo ten a súa propia textura, e a veces tamén un patrón que sigue. Este é tamén un elemento altamente ornamental e expresivo para as túas fotografías.
Encher o marco
Ocupar toda o área da túa fotografía é outra técnica que da un toque especial as túas imaxes. Un dos seus efectos inmediatos é que ofrece detalle de algo que usualmente non miramos así: un rostro, a nariz do teu can, a estructura dunha folla, etc. Pode resaltar texturas, revelar a emotividade de algo cotidián, suscitar certo contraste ou facer énfasis en algo de por sí grandioso.
Aproveita o espazo negativo
O espazo negativo é unha das nocións máis interesantes tanto da fotografía como da pintura e algunhas outras artes visuais. Consiste en eso que aparece nunha imaxe pero que, en certa forma, non contén nada. A parede detrás de dúas persoas, por exemplo, o céo, o piso. O curioso é que o espacio negativo pode ser un gran elemento de expresividade, contraste, xeometría e máis.
Menos é máis
A regla do minimalismo tamén pode ser empregada na fotografía. As veces bastan uns poucos elementos para lograr unha boa fotografía. Enfocarse nun detalle –unha sorisa, o paso dunha persoa, a gota nunha fiestra– pode facer que a túa imaxe gañe en expresividade.
En retratos, enfoca o obxectivo
Esto pode sonar redundante u obvio, pero o certo é que as veces por eso mesmo pode olvidarse. Dar toda a nitidez o noso obxectivo e deixar que o fondo se difumine é unha das técnicas máis sinxelas para obter fotografías que cumplen del todo co seu propósito, en especial cando é un bo retrato o que desexamos obter.
Considera as combinacións de cor
A fotografía é un arte óptico, e o decir isto non queremos remarcar o obvio, senón apuntar a todo o coñecemento que a humanidade ha desenvolto nesta materia. Entre outras cousas, a óptica ten un legado amplo a propósito da teoría de cor. Acércate a ela e coñece ao menos algúns dos seus fundamentos. Un especialmente útil e sinxelo de aplicar é a combinación de cores, algúns dos cales casan ben entre sí, armónicamente, en tanto que outros son máis ben disonantes. E isto non para que sempre te inclines polas “boas” combinacións, senón, máis ben, para que sepas que existen e que quizás algunhas fotografías poidan beneficiarse desto.
A regra do espazo
Esta regra tamén é unha das máis lúdicas en fotografía, e é simple: se tes un obxectivo que posúe certa dinámica propia, fai que o espazo aberto quede na dirección hacia a cal se move. Na fotografía dun auto movéndose hacia a dereita, por exemplo, o espazo aberto tería que estar a súa dereita. Isto tamén pode aplicarse en outras situacións para dar conta de ese dinamismo do momento.
A regra de “esquerda a dereita”
Esta é unha regla polémica pero que sen importar isto podes utilizar. Se di que boa parte da humanidade está habituada a “ler” de esquerda a dereita, porque así lemos un texto e que por isto mesmo hemos chegado a “ler” así outras cousas, entre éstas, as imaxes. Nunha fotografía esta regla tamén fai gañar dinamismo á imaxe e as veces tamén crea unha especie de semimarco imaxinario e, simbólicamente, a idea de guía e dirección.
A regra do balance
Outra regra que require práctica para dominarse, pero que ao logralo, te sitúa nun nivel profesional da fotografía. O balance dunha imaxe require de especial coidado na composición, a perspectiva, o enfoque, o espazo negativo e a iluminación. En poucas palabras, todos os elementos en xogo. Tamén é un tanto difícil de explicar, pero quizás non de exemplificar. En este caso, aínda que pode sonar un tanto extrano o consello, suxerimos estudiar as obras dos pintores renacentistas, quenes tíñan unha predilección especial polas proporcións armónicas, en casi calquera representación visual (retratos, paisaxes, bodegóns, etc.).
A regra da xuxtaposición
Saber combinalos elementos presentes nun fragmento de realidade favorece en especial a narrativa dunha imaxe. A xuxtaposición ocorre todo o tempo, porque a realidade é naturalmente caótica. A túa misión cunha fotografía é encontrar a composición adecuada pola que dous ou máis elementos de ese cáos se poñan en xogo para dicir algo.
Os triángulos áureos
Outro elemento de composición que herdamos da antiguedade clásica. Se has exercitado ben a regra dos tercios, pasar aos triángulos áureos será pan comido. E así é como funciona: no campo visual traza imaxinariamente unha línea diagonal que parta da equina superior dereita á esquina inferior esquerda; despois un par de líneas máis: unha da esquina superior esquerda ata que toque a túa línea diagonal, e outra do punto oposto, é dicir, da esquina inferior dereita ata a túa diagonal. Como resultado terás unha área dividida en 4 triángulos coñecidos como “áureos” porque dan a sensación dunha composición espacial sumamente armónica.
A proporción dourada
Por último, temos a lei máis elevada de toda a composición basada na xeometría. Dos gregos nos chega a chamada “proporción áurea”, un número de implicacións artísticas pero tamén místicas e espirituais. En términos matemáticos, dous cantidades se encontran en proporción áurea se a súa proporción é igual á suma de ambas dividida entre a maior delas. Deixaremos que medites isto e se logras mirar así o mundo, sen duda estarás no empíreo da fotografía.
A Fotografía é unha arte, e como tal necesita tempo de aprendizaxe; ver, probar, traballar, repetir, tirar e comenzar de novo aplicando o aprendido. Así que só te queda coller a túa cámara e practicar con cada unha destas opcións de composición.