A mellor cámara é la que levas sempre contigo, e aínda que teña importantes inconvenientes, podes sacarlle moito partido a cámara do teu móbil para gardar instantes, recordos de todos aqueles lugares onde verás a luz dunha forma única.
La cámara do Móbil é apta para capturar casi calquera imaxe dunha forma máis que correcta. A súa accesibilidade, inmediatez, portabilidade e lixereza, fan del a elección idónea para esta viaxe fotográfica que imos a emprender, aínda que tamén conlevan inconvenientes notables.
Os últimos modelos de móbiles do mercado traen consigo cámaras fotográficas e de video con capacidades impensables fai tan só uns anos, ….pero temos dous inconvenientes importantes, por un lado a batería, que enseguida se verá mermada ao ser utilizada non solo pola captura de fotos, senón pola multiferramienta que temos nun só dispositivo: comunicación telefónica, centro de mensaxería, mapa, consultoría, redes sociais, axenda de notas, etc. E por outra parte o almacenaxe físico e seguro, que estará limitado polo número importante de imaxes que podemos tomar.
Aínda así é un dispositivo moi versátil que debemos aprender a manexar para sacar proveito das posibilidades que te darán as súas ventaxas.
Unha serie de consellos a ter en conta antes de empezar son os siguintes:
Mantén a óptica da cámara limpa, quizás é un consello obvio, pero debido a que o móbil sempre está nas nosas mans, e o apoiamos sobre calquer superficie, é importante pasarlle unha gamuza ou un paño antes de facer unha fotografía.
Suxeita ben o móbil, e non só para que non se caiga, a maioría das fotografías necesitan que o teu móbil esté o máis estable posible mentres as fas. Un pequeno trípode pode tamén ser útil nas situacións con menos luz.