';
side-area-logo

COMPACTA
Cámara
MÓBIL
Teléfono
EVIL-RÉFLEX
Cámara
COMPACTA

Cámara

delimiter image

A planificación dunha viaxe é sempre un momento especial, cheo de ilusión, de descubrimento, pero tamén de traballo, onde un debe tomar decisións importantes según o que teña intención de facer durante o mesmo. Se nos ceñimos o que respecta o tema fotográfico, a elección do equipo acarrearános un sinfín de conflictos entre o útil e o desdeñable, lixeiro ou pesado, usable ou desechable. Unha decisión importante para a que os axudaremos un pouco.

Dentro das opcións que podemos barallar, unha moi interesante para conseguir independizar  o noso sistema de captura coa cámara de fotos do móbil é a elección dun modelo de cámara compacta. Hoxe en día traen consigo características moi útiles de cara a calquer viaxe, en especial as de alta resistencia, con equilibrio entre calidade, lixereza e durabilidade casi imbatible dentro de este segmento.

Coa elección deste sistema mellorará a nosa captura de imaxes en diversos factores. Por un lado a independencia enerxética, contando con baterías exclusivas para fotografiar no momento que queiramos, e que ademáis poderemos levar varias con nos e cambialas en caso necesario. Tamén podemos optar a cargalas desde un dispositivo de almacenamento ou batería externa.

Por outro lado unha independencia en canto o almacenamento de nuestras fotografías, a través de tarxetas de memoria intercambiable, aínda que en este sentido sempre recomendamos utilizar unha soa tarxeta de alta capacidade, sempre temos opción de comprar e ampliar capacidade cando queiramos.

O enlace entre cámara e movil, a través da Wifi propia, é outra de esas características imprescindibles hoxe en día, que nos permitirá manexar de forma remota a cámara, tanto no disparo como para configurala en casi todos os modos, ademáis de enviar as fotografías ao dispositivo, ben como copia de seguridade para subir a nube, ou para compartir en RRSS a selección de imaxes que máis nos interese en calquer momento.

En canto a outras características da cámara, é importante que posúa modos manuais, para configuracións avanzadas, ademáis de opcións versátiles para fotografiar diferentes temáticas, como modos macro, modo nocturno, vídeo…etc. Pero sobre todo que nos ofrezan calidade de imaxe e versatilidade á hora de afrontar calquer temática fotográfica.

Existen multitude de marcas con opcións interesantes de compra, pero nos centraremos nunha serie concreta de Olympus, as Tough cos seus modelos TG, cámaras coas que traballamos habitualmente e cuxa relación calidade-usabilidade-precio según a nosa opinión é inmellorable.

A TG-6 é o modelo actual, aínda que pode encontrarse á venta a TG-5 con características, a nivel xeral, moi similares. Trátase de cámaras de máxima resistencia, aguantan golpes e caídas de ata 2,1 metros de altura, soportan sen queixarse temperaturas de -10ºC, además de ser impermeables e sumerxibles ata 15m de profundidade, só isto fan delas grandes compañeiras para calquer clase de aventura.

Pero non todo é carcasa, seu corazón básase nun procesador de última xeración xunto a un sensor de 12,7 Mp con alto rendemento en velocidade e sensibilidade. O seu obxectivo con un diseño de lentes e zoom óptico 4x (25-100mm equivalente) e luminosidad de F2, proporciona un equilibrio e unha calidade de referencia en este tipo de cámaras.

En canto a opcións de captura encontraremos desde 9 modos manuais, 16 modos de escena automáticos; 16 filtros artísticos, sistemas procapture de alta velocidade ata 20 fotografías por segundo, capacidade de zoom microscópico mínima de 1cm, Live composite, HDR… etc.

Tamén poderemos capturar as nosas imaxes en modo RAW e realizar en cámara unha edición do archivo para convertilo nun jpg máis adecuadoos nosos gustos.

En vídeo dispoñemos de grabación 4K e FHD ata 120 fotogramas por segundo, con estabilización de imaxe, incorporación de filtros artísticos e edición de imaxe.

Se añadimos ademáis a conectividade wifi de traballo remoto e transferencia a dispositivos móbiles, a brúxula, o manómetro e o GPS para posicionamiento das nosas imaxes, podemos decir que nos encontramos ante un equipo portátil todoterreo e fiable, versátil e rápido, altamente recomendable para calquera viaxe.

Unha vez elexido o equipo só nos queda coñecer as posibilidades fotográficas que nos ofrecerá a viaxe. Nas Guías Quaints adelantamovos os detalles do que os poderedes encontrar nas mellores localizacións, incluso as posibilidades de luz ou a recomendación de temáticas precisas. Só empápate de esa información e mantente vixiante, deixa ca túa visión encontre o haz de luz máxica e lévate a casa a mellor das imaxes para o mellor dos recordos dun viaxe único.

PATROCINADORES

Contáctanos para ser patrocinador de Quaints

COMPARTE EN REDES

Estas son as nosas redes sociais

Se desexas compartir a túa experiencia e mostrar as túas fotografías, só tes que publicar en redes sociais cos siguientes hashtag:

#Quaints   #QuaintsXacobeo   

Seleccionaremos periódicamente aquelas Experiencias e Fotografías que mellor transmitan A Luz dos nosos Quaints para aparecer nas nosas publicacións.

Los mejores lugares para fotografiar tu viaje.